Quenes somos

Casa Pita é un Restaurante de cociña tradicional ubicado nunha antiga casa de labranza que data de 1850. Situado no lugar de Gosende, parroquia de Andeiro, no Concello de Cambre (A Coruña).

Dende que abrimos as nosas portas no ano 2003 buscamos día a día que o noso lema ” todo o noso ben facer para que se sinta coma na súa casa” siga presente.

Con Mary Patiño dende os inicios aos mandos da nave medramos día a día e podemos dicir con orgullo que son mais de tres anos consecutivos aumentando records en número de visitantes e comensais.

Que ofrecemos

Unha ampla carta chea de pratos tradicionais e de cociña actual, da man do Chef Diego Pita, feitos coas mellores materias primas da zona, fan da súa visita unha experiencia inesquecible.

Bodas, bautizos, comunións, comidas e ceas de empresa, adaptámonos a o que vostede necesite. E a demais de luns a xoves facemos as súas reunións privadas.

 

Ademais

Contamos cunha ampla zona axardinada para o disfrute de toda a familia e unha gran terraza na que poderá disfrutar con tranquilidade dun vermú, un café ou unha copa ao aire libre.