A Nosa Carta

Esforzámonos día a día para poder ofrecerlles os mellores pratos. Coas mellores materias primas das que podemos dispoñer intentamos crear unha boa carta, variada e adaptada a todo tipo de gustos.

Tomando como base a cociña tradicional transmitida de xeración en xeración nos nosos callos, tenreira asada, cocidos, hovos con xamón ou chourizo, fabas e un largo etcétera ou adaptándoa á cociña mais actual cos nosos saquiños de rixóns e marmelada de pemento, risotto de queixo de arzúa e cogomelos, ensalada de rape, lasaña de grelos e zorza, tarta de chocolate e queixo e moitos mais pratos.

A demais cando os productos estan no seu mellor momento ofrecemos tamén, fora de carta, unha variedade de froitos do mar coma o polbo, longueirón ou camaróns.